Estado da ruta Paseo fluvial dos Caneiros (SM 19)

Nome: Ruta Paseo fluvial dos Caneiros (SM 19)

Lonxitude: 3.56 km

Circular: Non

Clase: Ruta da Auga

Voluntarios encargados: Elia e Javier

Data de revisión: 28/07/2015

Concellos que percorre: Betanzos

Estado de mantemento: Moi deficiente. Non había sinalizacións no camiño, só se pode continuar con axuda do GPS. Chegado un punto da ruta, non se pode continuar, polos fieitos que non transitalo. Este camiño cortado está situado entre (43,277746;-8,190534) e  (43,280885;-8,189504).

20150728_172056
Camiño cortado

Estado natural do entorno:

  • Flora exótica detectada: Crocosmia x crocosmiflora (43,2773;8,19739) (43,2773;8,19739) (43,27628;-8,20263), Acacia dealbata y Eucalyptus globulus (máis dispersos).
20150728_173308
Crocosmia x crocosmiiflora

Valores naturais detectados:

  • Donicela (Mustela nivalis) vista preto do Río.

 

Valoración global da ruta e do ámbito: A ruta fíxose nun primeiro momento comezando en Betanzos, en sentido contrario á marcada. Posteriormente, fíxose comezando polo sentido marcado.  Desta forma se puido comprobar o punto do camiño cortado nos dous sentidos (entrada e saída). É necesario poñer sinalizacións no camiño, xa que non se atopo ninguna ou poucas.

Cando se fixo o tramo no sentido marcado, compróbouse a existencia dun camiño en perfectas condicións á beira do Río e que facía parte da mesma ruta.

Posible saída do camiño cortado
Posible saída do camiño cortado

Un comentario en “Estado da ruta Paseo fluvial dos Caneiros (SM 19)

Deja un comentario